As linguas do Bragade
Curso: 2026-2027
Compilación de cancións en distintas linguas reinterpretadas polo alumnado do CEIP Plurilingüe Bragade de Oza-Cesuras para conmemorar o Día Europeo das Linguas que se celebrará o vindeiro 26 de setembro.
Esta selección é só unha pequena mostra da aposta que fai este centro por promover o plurilingüismo e a integración lingüística e cultural a través da música, sempre co galego como canle imprescindible para a tradución e o subtitulado das pezas escollidas.
Ligazóns relacionadas
-
Tributo a Queen (inglés)
-
O Pato (portugués)
-
Aldapeko (vasco, galego e lingua de signos)
-
CEIP Bragade Sabi (galego)
-
Dobrii vechir tobi (ucraíno, galego)
-
Canción de la Paz (español, inglés, árabe, ruso, hebreo e xaponés)
-
O tronante de Monte Medela (galego) zarzuela galega orixinal do cole
-
O cole - As miñas cousas favoritas (galego)