Begoña Caamaño: navegar no pracer do azul

Documental da Real Academia Galega para as Letras 2026 que contou co apoio da Secretaría Xeral da Lingua. Realizado por Miramemira con Damián Varela Pastrana e Alba López Álvarez na dirección e o guión, propón un percorrido pola vida e o legado da autora á que a institución lle dedica o vindeiro 17 de maio a través dos testemuños de persoas que a acompañaron nas súas diversas facianas persoais e profesionais. Destaca ademais como parte do relato a interpretación artística da súa obra literaria, que ten na colaboración da Escola Superior de Arte Dramática de Galicia un dos esteos.

Ligazóns relacionadas