A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de divulgar a figura e o legado de Xela Arias, pon á vosa disposición os carteis das exposicións gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas, así como as guías didácticas correspondentes a cada mostra e outros materiais.
Nalingua é un proxecto desenvolvido por Laboratorio de Radio para Vinte co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
A Consellería de Cultura, Educación e Universidade, por medio das secretarías xerais de Política Lingüística e de Cultura, en colaboración con Xurdir S.L., organiza a VII edición da Carreira Camiño das Letras, que busca unir a práctica deportiva coa conmemoración do Día das Letras Galegas e o simbolismo do Camiño de Santiago.
No marco da programación institucional Letras Galegas 2021 a Secretaría Xeral de Política Lingüística pon en marcha a segunda edición do espazo audiovisual Unha palabra para..., en colaboración con Arraianos Producións e coas persoas participantes, co obxectivo de celebrar as Letras Galegas 2021 e de divulgar a vida a figura e a obra da autora homenaxeada, Xela Arias Castaño.