Bota a andar a segunda edición de 21 días co galego e +, un programa impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, e pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. A súa finalidade é promover o uso do galego oral entre a xente nova.
Xunto á nova aplicación Galicia Nomeada, a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega publican a actualización da páxina de Toponimia de Galicia co obxectivo de ser a fonte de referencia da toponimia de Galicia para as persoas investigadoras e tamén para a poboación en xeral. De aí a importante compoñente divulgadora que, de inicio a fin, percorre a páxina web.
A plataforma Galicia Nomeada, cuxa versión de escritorio xa é accesible e que proximamente estará dispoñible para móbiles Android e iOS, permite a colaboración da cidadanía na recolleita da nosa microtoponimia,a introdución nunha base de datos, a xeorreferenciación e a difusión a través dun visor de topónimos que formará parte do novo portal da Toponimia de Galicia.
Nova versión do Corpus Documental do Galego Actual, unha ferramenta en liña do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH)