Temos dispoñibles para consulta 4.544 contidos
17/05/2014 09:49

Entre as múltiples celebracións e materiais que se están levando a cabo nos centros de ensino galegos para lembrar o poeta Díaz Castro, amosámosvos aquí este calendario de maio do CEP Salustiano Rey Eiras da Pobra do Caramiñal que inclúe, ademais do refraneiro propio deste mes, ilustracións do alumnado sobre algúns versos do poema Penélope.

17/05/2014 09:49 | Recurso xeral

Letras galegas 2014. Blog que a Biblioteca Universitaria de Santiago dedica a Xosé María Díaz Castro. Unha completa información biográfica, noticias, enlaces e a bibliografía existentes na BUSC deste autor.

Xosé María Díaz Castro, versos guitiricenses
17/05/2014 09:49 | Recurso xeral

Banda deseñada, unha forma sinxela e lúdica de achegarse á vida e obra deste autor.

17/05/2014 09:49 | Recurso xeral

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria e a Televisión de Galicia contribúen á difusión pública da obra de Xosé María Díaz Castro con dúas pezas audiovisuais realizadas a partir dos versos do escritor.

17/05/2014 09:49 | Recurso xeral

Páxina monográfica onde se inclúe unha biografía do autor, galería fotográfica así como un achegamento á súa obra mediante textos orixinais.

17/05/2014 09:49 | Recurso xeral

A edición do día 2 de xaneiro de 2014 deste espazo de información cultural da Radio Galega estivo dedicada integramente a Díaz Castro.

17/05/2014 09:49 | Recurso xeral

Blog do crítico e estudoso da obra de Díaz Castro, Armando Requeixo. Nel atopamos múltiples referencias e recensións da obra do autor homenaxeado neste ano

17/05/2014 09:49 | Recurso xeral

Presentación do documental sobre a vida do escritor Díaz Castro. Proxecto de Fin de Carreira de José Antonio Cascudo, Jessica Rey e Alba Domínguez.

Brincaletras e curta de animación de Díaz Castro
17/05/2014 09:49 | Actividades dinamizadoras nos centros

O EDLG do CEIP García Barbón achéganos dúas novidosas iniciativas para podermos traballar a figura do homenaxeado. Por unha banda, preséntannos o Brincaletras, xogo no que cada letra agocha unha pregunta sobre o autor; e pola outra, unha curta de animación co poeta como protagonista.

Xosé María Díaz Castro, un clásico contemporáneo
17/05/2014 09:49 | Actividades dinamizadoras nos centros

Dende o IES San Paio de Tui, chéganos esta orixinal liña do tempo interactiva que nos permitirá visualizar e obter información dos fitos máis relevantes da biografía do autor guitiricense.