Para a primeira edición do programa “O galego campa” nos campamentos de verán 2011, a Secretaría Xeral da Lingua produciu un disco orixinal (titulado Desaparafusador de gominola) con cancións de estilos diversos (funky, folk, rap...), compostas e interpretadas por profesionais da música galega de primeira liña.
Dispostos para cantar? Dispostas a xogar e recompoñer letras? Aquí as tedes. Para que lles deades unha volta, para adiante e para atrás. Podedes escoitalas, descargalas e animarvos a participar. Tamén están dispoñibles as fichas de actividade, para os monitores e monitoras dos campamentos que as queiran empregar. Bo verán!
Material elaborado polos Seminarios de Formación Permanente Lois Pereiro, Material Didáctico sobre Lois Pereiro e Lois Pereiro na Rede para difundir, no Día das Letras Galegas, a figura de Lois Pereiro