Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021. Segunda convocatoria
No marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca unha nova edición do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021 (Fondo X21)
Esta nova convocatoria, que se fará pública o luns 8 de marzo de 2021, persegue os seguintes obxectivos:
- Incrementar os contidos creativos de interese cultural e lingüístico do Fondo creado o pasado ano
- Dinamizar a lingua propia de Galicia
- Proporcionarlles apoio e visibilidade inmediata ás empresas, cooperativas, entidades culturais e profesionais da cultura e da creación artística da Comunidade Autónoma de Galicia
Destinatarios
Poden presentar unha única proposta ao Fondo X21:
- Profesionais do sector cultural e lingüístico, creativo e artístico galego
- Empresas culturais e lingüísticas e/ou artísticas
- Cooperativas culturais e lingüísticas e/ou artísticas
- Entidades ou institucións privadas de carácter cultural e/ou lingüístio sen ánimo de lucro que teñan personal laboral contratado para desenvolver os proxectos
Os proxectos seleccionados recibirán unha contía de ata 6000 €, no caso dos autónomos ou empresas sen persoal a cargo contratado, e de entre 6000 e 15000 € para os profesionais, institucións ou empresas con persoal laboral contratado, así como as cooperativas. En ambos os casos inclúense todos os custos de execución, os impostos e as taxas correspondentes.
Formatos
Os produtos que integrarán este repositorio de contidos poden presentarse en calquera destes formatos:
- Dixitais (vídeos, música, películas, documentais, … pero non páxinas web, aplicacións informáticas ou similares)
- Presenciais (actuacións teatrais, musicais, exposicións, obradoiros, retransmisións en directo por streaming...)
- Materiais (libros, audiolibros, xogos, fotografías, pinturas ...)
- Combinación dos formatos anteriores
Prazos
O prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de abril de 2021.Os proxectos seleccionados publicaranse mediante resolución, que lle será notificada tamén individualmente a cada solicitante.
O prazo de execución dos contratos adxudicados rematará na data especificada na resolución de adxudicación ou no contrato correspondente, e sempre antes do 15 de decembro de 2021.
Contacto
info-fondox21@xunta.gal
687 041 884
Horario de atención: Luns a venres de 9:00 h a 14:00 h e de 16:00 h a 19:00 h
Se, por motivos técnicos, resultase difícil contactar telefonicamente, recomendamos que formulen as súas dúbidas ou preguntas a través do correo electrónico e responderémoslles o máis axiña posible.
En calquera caso, recomendamos non deixar a presentación da solicitude para os últimos días de prazo por se houber calquera problema técnico ou for necesario aclarar calquera dúbida administrativa sobre o procedemento.