-
O galego... promovelo
- Rede de Dinamización Lingüística
-
Equipos de Dinamización da Lingua Galega
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
- Outras iniciativas de promoción
- Programas
- Conmemoracións
- Recursos
- Convocatorias
-
O galego...
Promovelo
-
- Todos os recursos
- Recursos didácticos
- Publicacións
- Audiovisuais e música
- Blogs e recursos na rede
- Iniciativas de dinamización
- Datas sinaladas
- Día das Letras Galegas
- Infantil e primaria
- Secundaria e bachalerato
- + Formación profesional
- NEAE
- Ensinanzas de réxime especial
- Proxecto lingüístico do centro
- Proxectos de innovación en dinamización lingüística
- Comparte a túa iniciativa dinamizadora
- Programas
- Tamén che interesa
- Convocatorias e formación
- Memorias
XIII Certame de Microrrelatos Feiraco
Un ano máis, a Secretaría Xeral da Lingua e Feiraco Lácteos SL convocan o Certame de Microrrelatos Feiraco co fin de promover o coñecemento, uso e divulgación do galego desde o eido económico. A cooperativa agrogandeira súmase así ás actuacións conmemorativas do Día das Letras Galegas 2025 e ás homenaxes ás pandeireteiras ás que se lles dedica o 17 de maio deste ano.
As narracións que se presenten ao premio deberán estar inspiradas na temática "Galicia: campo de artistas" e ter de protagonista unha cantareira ou pandeireteira.
O certame conta con dúas categorías: a xuvenil, dirixida a escolares de máis de 12 anos matriculados en centros educativos galegos, e a adulta, para maiores de 18 anos. Na categoría xuvenil, o profesorado responsable dos centros educativos deberá seleccionar o mellor relato de cada curso e presentalo en formato pdf, xunto co formulario que aparece no web: vivefeiraco.es.
O concurso desenvolverase entre o 9 e o 14 de abril de 2025. Unha pandeireta e unhas tarrañolas conmemorativas, xunto cun lote de produtos Feiraco, son os premios aos que optan os participantes.
Documentos relacionados
-
Bases PDF