Actividade do CEG da Universidade do País Vasco.
O próximo 15 de abril ás 11:00 horas no Salón de graos da Facultade de Letras celebran o Día das Letras Galegas, dedicado este ano á xornalista e escritora Begoña Caamaño. Para coñecer máis en profundidade á súa figura, a profesora da Universidade de Compostela María Xesús Nogueira presentará as principais liñas que vertebran a súa obra: a reimaxinación dos mitos e o feminismo.