Celebración das Letras Galegas
21/04/2016 Volver O Centro de Estudos Galegos da Universidade Federal de Baía celebra as Letras Galegas con diversas actividades arredor de Manuel María, autor homenaxeado o 17 de maio de 2016.
As actividades serán unha conferencia, a proxección dun documental, unha lectura de poemas, unha entrega de premios e unha foliada.
Terá lugar o 24 de maio ás 16:00 horas na Universidade Federal. Labimágem. Térreo do Instituto de Letras en Salvador de Baía (Brasil).