Obradoiro de teatro Letras Galegas 2016. Manuel María
22/04/2016 Volver Co gallo da celebración das Letras Galegas, o Centro de Estudos Galegos da Universidade do País Vasco organiza o obradoiro "Manuel María dramaturgo: aula práctica de teatro". O obradoiro será impartido pola actriz e dobradora Ana Espasandín, quen se baseará en textos do autor homenaxeado o 17 de maio de 2016.
Terá lugar o 13 de maio ás 11:00 horas na Universidade do País Vasco na Aula 0.16 da Facultade de Letras.