A Rosalía

29/10/2019 Volver

Recital de música e palabra apoiado pola Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia e o Instituto Cervantes.

A pianista Rosa Torres-Pardo, Premio Nacional de Música, e a actriz Lucía Álvarez adéntranse na poesía de Federico García Lorca e de Rosalía de Castro.

Este "Concerto para piano e voz emocionada" contén un completo programa estruturado en seis partes: "Introito", "Mal de amor", "Luces e sombras", "De sur a norte", "Alén dos mares" e "O adeus". En cada unha delas engárzanse poesía e música, versos de Rosalía e de Lorca cunha serie de pezas musicais de diferentes compositores -Chopin, Schubert, Bach, Ginastera, Granados, Debussy...- coidadosamente elixidas para acompañar e complementar os textos.

Lugar: CRACOVIA

Klub Adwokatów

ul. Slawkowska 1

Hora: 20:00 horas

Día: 30/10/2019

Entrada libre