Actividade do CEG de París. Intervención de Ana Luna Alonso (profesora de tradución na Uvigo), na Sorbonne Nouvelle, na clase de Initiation au galicien niveau 1. A noite do 31 de outubro ao 1 de novembro ten elementos en común con outras noites na que en diferentes espazos do mundo as e os defuntos e os espíritos do alén andan de visita. Como se lle debe chamar? Halloween, Samaín, Defuntos ou Noite dos mortos?
Xoves 17 de novembro, 15h30, sala B211, campus Nation