Actividade organizada polo CEG da UPV.
Conferencia-concerto para conmemorar o Día das Letras Galegas 2025, que se dedica á poesía popular, personificada nas cantareiras: as pandereteiras de Mens (Malpica), Adolfina e Rosa Casás (Cerceda) e Eva Castiñeira (Muxía). Deste xeito, homenaxéase a importancia das mulleres do rural na conservación do noso rico patrimonio oral.
O acto será dirixido por Xabier Díaz, un dos grandes músicos e recompiladores do noso territorio. Explicaranos como foi o proceso de recollida desta poesía popular que ten un enorme valor literario e musical, ademais de tocarnos algunas destas cantigas.
Data: venres 11 de abril ás 11:00
Lugar: Salón de Graos da Facultade de Letras