Nadal en Rede 2017

A Rede de Dinamización Lingüística convídanos un ano máis a celebrarmos estas festas no noso idioma e ofrece para iso actividades e recursos propios do Nadal.
 

  • Os Bolechas

    Os Bolechas

  • O castiñeiro do Apalpador

    O castiñeiro do Apalpador

  • O castiñeiro do Apalpador

    O castiñeiro do Apalpador

  • O castiñeiro do Apalpador

    O castiñeiro do Apalpador

  • Nadal Novoneyra

    Nadal Novoneyra

  • Picariño

    Picariño

As actividades chegarán este ano a 41 concellos da Rede de Dinamización Lingüística entre o 16 de decembro de 2017 e o 7 de xaneiro de 2018. En canto aos recursos, están dispoñibles de balde para toda a cidadanía nesta mesma páxina.

Os Bolechas. Un conto de Nadal

Desde hai 7 anos, Os Bolechas percorren Galicia grazas á colaboración de Gadis, a Televisión de Galicia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. Este ano fano coa proposta Un conto de Nadal, unha peza teatral con actores e cos muppets da Televisión de Galicia. A historia xira en torno a unha broma que lle fan Kofi e Sarela aos Bolechas sobre a desaparición dun camelo cargado de xoguetes que porá en perigo a noite de Reis, a máis máxica do ano para a cativada. Braulio decide crear unha máquina que recupere o camelo pero algo sae mal e os que van aparecendo son Papá Noel, o Apalpador e moitos outros personaxes ligados ás festas do Nadal que farán as delicias do público.

Poderás ver os Bolechas este Nadal nos seguintes lugares e datas:

  • Venres 22 de decembro, no Auditorio Municipal Carmen Estévez de Vilalba, ás 18:00 horas
  • Sábado 23 de decembro, na Casa da Cultura de Xinzo de Limia, ás 17:00 horas
  • Sábado 30 de decembro, no Centro Cultural Xaime Illa de Poio, ás 19:00 horas
  • Martes 2 de xaneiro, na Casa da Cultura de Bertamiráns (Ames), ás 17:00 horas
  • Mércores 3 de xaneiro, na Casa da Cultura de Muros, ás 18:00 horas
  • Xoves 4 de xaneiro, no Teatro Pastor Díaz de Viveiro, ás 19:00 horas
  • Sábado 6 de xaneiro, no Auditorio Municipal do Carballiño, ás 18:30 horas
  • Domingo 7 de xaneiro, na Casa da Cultura de Sarria, ás 17:30 horas

O castiñeiro do Apalpador

Para que os cativos e cativas coñezan mellor a figura do Apalpador, a RDL presenta a peza de monicreques O castiñeiro do Apalpador. Nesta obra, dirixida a público de máis de 3 anos, o propio Apalpador será quen lles conte aos asistentes por que reparte castañas entre os nenos e nenas durante o Nadal. A compañía Fantoches Baj levará este espectáculo en decembro aos seguintes concellos:

  • Sábado 16 decembro, Auditorio de Val do Dubra, ás 18:00 horas
  • Sábado 23 decembro, na Casa da Cultura de Pontedeume, ás 12:00 horas
  • Sábado 23 decembro, na Casa Habanera de Guitiriz, ás 18:00 horas
  • Domingo 24 decembro, no Auditorio da Casa da Cultura de Cedeira, ás 12:00 horas
  • Domingo 24 decembro, na Casa dos Veciños do Couto ( en colaboración coa Fundación Eduardo Pondal ), Ponteceso, ás 17:30 horas
  • Mércores 27 decembro, na  Capela do CC. Torrente Ballester de Ferrol, ás 18:30 horas
  • Venres 29 decembro, no Auditorio Municipal do Rosal, ás 17:00 horas
  • Sábado 30 decembro, no Auditorio do Centro Socio Cultural Daniel Castelao de Moaña, ás 12:00 horas
  • Sábado 30 decembro, no Salón de actos do edificio multiusos de San Cristovo de Cea, ás 18:30 horas
  • Domingo 31 decembro, na Casa da Cultura de Moreira en Toén, ás 12:00 horas
  • Martes 2 de xaneiro, no Auditorio de Cambados, ás 12:00 horas
  • Mércores 3 de xaneiro, na Casa da Cultura de Viana do Bolo, ás 17:00 horas

 

Nadal Novoneyra. Uxía canta a Uxío

A irrepetible voz de Uxía e a poesía de Uxío Novoneyra nun concerto de Nadal en que a coñecida cantante interpreta os textos do poeta do Courel acompañada polo músico Sérgio Tannus. Un repertorio que recolle os temas do seu último álbum Uxía/o. Nadal Novoneyra poderá escoitarse en Brión, Coristanco, Narón, Cospeito e a Mancomunidade da Mariña Lucense.

  • Venres 22 de decembro: Brión. 19:30 h no Centro Social Polivalente
  • Venres 29 de decembro: Coristanco. 20:00 h na Casa da Cultura
  • Sábado 30 de decembro: Burela. 22:00 h Casa da Cultura
  • Sábado 30 de decembro: Cospeito. 19:30 h Casa da Cultura
  • Martes 2 de xaneiro: Neda. 20:30 h Casa da Cultura

 

Picariño

Tamén para os pequenos da casa hai música e poesía este Nadal. Picariño é un concerto didáctico que nos chega da man de Senén Vaamonde e de Alfredo e Manuel, músicos da formación A Roda. Eles traerannos panxoliñas e outros poemas de Pura e Dora Vázquez musicados no seu día por Suso Vaamonde. Tres referentes da literatura e da música galega unidos este Nadal nos seguintes concellos da Rede de Dinamización Lingüística:

  • Martes 19 de decembro, Rois. Biblioteca Municipal, ás 12:00 horas
  • Venres 22 de decembro, Maside. Casa da Cultura, ás 17:00 horas
  • Martes 26 de decembro, Barreiros. Centro Sociocultural San Cosme, ás 12:00 horas
  • Mércores 27 de decembro, Quintela de Leirado. Local Social (en colaboración coa Mancomunidade Terras de Celanova), ás 12:00 horas
  • Mércores 27 de decembro, A Bola. Local Social, ás 16:00 horas
  • Xoves 28 de decembro, Carballedo. Casa da Cultura, ás 18:00 horas
  • Venres 29 de decembro, A Lama. Aula Multiúsos, ás 13:00 horas
  • Sábado 30 de decembro, Vilaboa. Local Social de Paredes, ás 17:00 horas
  • Domingo 31 de decembro, Cuntis. Casa da Cultura, ás 13:00 horas
  • Martes, 2 de xaneiro, Gondomar. Auditorio Municipal, ás 17:00 horas
  • Mércores 3 de xaneiro, Fene. Casa da Cultura, ás 12:00 horas
  • Xoves 4 de xaneiro, Muxía. Edificio de Servizos Múltiples, ás 17:00 horas

Cancións para nenas e nenos

E como a xente miúda é a protagonista do Nadal, velaquí outra actividade dirixida a ela. María do Ceo ofrece o concerto Cancións para nenas e nenos, no que interpretará os temas do seu primeiro traballo, homónimo, de música infantil. Este inclúe un tema dedicado á Galiña azul de Carlos Casares, co que poderán despedir o ano dedicado a este autor as familias dos seguintes concellos da Rede: Abegondo, Ribeira, Cerceda, e Castro de Rei.

  • Venres 29 de decembro, Auditorio Municipal de Cerceda, ás 18:00 horas
  • Sábado 30 de decembro, Casa da Cultura de Castro de Rei, ás 17:00 horas
  • Domingo 3 de xaneiro, Centro Cultural O Salón de Abegondo, ás 20:00 horas
  • Domingo 7 de xaneiro, Auditorio Municipal de Ribeira, ás 18:00 horas