LETRAS GALEGAS

2024 - Luísa Villalta

Firme defensora da lingua como piar da nosa identidade e comprometida con todos os colectivos que loitan e traballan pola dignidade do pobo galego, foi unha autora que renovou as nosas letras ao explorar a relación entre a música e a literatura e facernos “pensar o mundo”.

María Luísa Villalta Gómez naceu na Coruña o 15 de xullo de 1957. Realizou estudos no colexio das Xosefinas e rematou a súa formación preuniversitaria no instituto Eusebio da Guarda, onde cursou COU. Dos seus pais, Rafael e María, herdou a afección pola música, pois adoitaban levala, canda a súa irmá Susana, aos ensaios das óperas que se representaban na cidade.

Estudou na Universidade de Santiago de Compostela, onde se licenciou en Filoloxía Hispánica e Galego-Portuguesa en 1982. Posteriormente alcanzou o título superior en Violín no Conservatorio e pasou a formar parte da Orquestra de Santiago e da Xove Orquestra de Galicia. A música converterase nun trazo esencial que vai transcender á maior parte da súa creación literaria.

Exerceu como docente de lingua e literatura galega en varios centros ata que conseguiu o destino definitivo no instituto Isaac Díaz Pardo, de Sada. O seu alumnado lémbraa como unha firme defensora do ensino público, pois ela concibíao como un espazo onde se esborrallan as diferenzas e no que promover o debate e a reflexión crítica, o respecto e a escoita activa.

Aínda que recoñecida sobre todo como poeta, a súa produción literaria abrangue outros xéneros para os que realizou achegas fundamentais. Abordou o teatro (O paseo das esfinxes, Concerto para un home só, ou As certezas de Ofelia) e o ensaio (O outro lado da música, a poesía), ademais da narrativa, con pezas como “A taberna do holandés” —un relato ao que se lle concedeu un Accésit nos Premios Modesto Figueiredo en 1990—, Silencio, ensaiamos (1991), Teoría de xogos (1997) ou As chaves do tempo (2001).

En canto á poesía, Música reservada é o seu primeiro libro, publicado en 1991. Seguiríalle Ruído, que chega catro anos despois (1995). En ambos os dous, a palabra e a música, as súas grandes paixóns, xorden entrelazadas.

En 2004 sae á luz En concreto, o gran canto que lle dedica á Cidade Alta —A Coruña—, o seu espazo de referencia vital e creativo. A publicación foi recoñecida co Premio de Poesía Espiral Maior ese mesmo ano. A cidade herculina é tamén o eixe central de Papagaio, a obra máis conectada co pensamento feminista que sempre a acompañou. Nesta peza creada xunto coa fotógrafa Maribel Longueira, Luísa dálles voz ás prostitutas que habitaron o coñecido barrio coruñés. As palabras ingrávidas, poemario en forma de almanaque no que a autora estaba a traballar, chegaría postumamente no ano 2020 da man do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades, que recolleu o legado da autora cedido de xeito altruísta pola súa familia.

Compaxinou o seu labor creativo cunha intensa actividade cultural. Colaborou en diferentes xornais e revistas como A Nosa Terra, Festa da Palabra Silenciada, A Trabe de Ouro, Luzes de Galiza, Tempos Novos etc. Formou parte da Asociación de Escritores de Lingua Galega e participou nas mobilizacións cidadás contra a catástrofe do Prestige e pola defensa da causa palestina. Mantivo sempre unha posición sensible pero crítica, reflexiva pero contundente, cunha conciencia social enraizada desde a súa infancia que a levou a pronunciarse a prol das persoas máis desfavorecidas. O seu feminismo entronca tamén co seu profundo sentido da xustiza e o seu desexo de contribuír, coa súa achega, a unha sociedade máis igualitaria.

Un ataque de meninxite provocoulle a morte o 6 de marzo de 2004 na mesma cidade onde nacera e tronzou así unha vida ateigada de proxectos. Tiña 46 anos.

A súa é unha poesía doce e profunda, que se asenta no seu constante traballo e no seu talento como filóloga. Sempre á procura da beleza da palabra e da precisión que lle permitiron expresar con claridade o seu elaborado pensamento.

Exposicións

Actividades dinamizadoras nos centros

Imaxe STARgal 2024 (Luísa Villalta)

IES Plurilingüe A Cachada, Boiro (A Coruña)

STARgal 2024 (Luísa Villalta)

Imaxe Sala(s) de fuga e outros materiais imprimibles

CEIP Juana de Vega, San Pedro de Nós-Oleiros (A Coruña)

Sala(s) de fuga e outros materiais imprimibles

Imaxe Carteis Luísa Villalta do IES Perdouro

IES Perdouro (Burela, Lugo)

Carteis Luísa Villalta do IES Perdouro

Imaxe <em>A culpa de todo tena Rosalía</em>

IES de Melide, Melide (A Coruña)

A culpa de todo tena Rosalía

Imaxe Luísa, melodía infinda

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)

Luísa, melodía infinda

Imaxe Encrucillado das Letras

CEE María Mariño, A Coruña (A Coruña)

Encrucillado das Letras

Imaxe Celebrando as Letras Galegas

CEIP de Nadela (Lugo)

Celebrando as Letras Galegas

Imaxe O sitio do meu recreo

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)

O sitio do meu recreo

Imaxe Exposición das LG: Luísa Villalta

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)

Exposición das LG: Luísa Villalta

Imaxe Luísa Villalta no CEIP Espiñeira-Aldán

CEIP Espiñeira-Aldán, Cangas (Pontevedra)

Luísa Villalta no CEIP Espiñeira-Aldán

Imaxe Pasatempos de Luísa Villalta

CEP Campolongo, Pontevedra (Pontevedra)

Pasatempos de Luísa Villalta

Imaxe Canción Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta

CPR Plurilingüe Divina Pastora (Ourense)

Canción Día das Letras Galegas 2024 a Luísa Villalta

Imaxe A estación

CPR Plurilingüe Divina Pastora (Ourense)

A estación

Imaxe Podcast

CEIP Xoaquín Loriga, Lalín (Pontevedra)

Podcast "Luísa Villalta, a nosa estrela"

Imaxe A Coruña de Luísa Villalta

IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez, A Estrada (Pontevedra)

A Coruña de Luísa Villalta

Imaxe Rap de Luísa Villalta

CEIP Illa Verde (Lugo)

Rap de Luísa Villalta

Imaxe Postal de Luísa Villalta: versos, verbas e xestas

IES Gregorio Fernández (Sarria, Lugo)

Postal de Luísa Villalta: versos, verbas e xestas

Imaxe Rosco de Luísa Villalta

IES Gregorio Fernández (Sarria, Lugo)

Rosco de Luísa Villalta

Imaxe O <em>violino</em> da Villalta: O outro lado da música e da literatura

CEIP Plurilingüe A Ramallosa, Teo (A Coruña)

O violino da Villalta: O outro lado da música e da literatura

Imaxe Podcast Luísa Villalta

EOI de Vilagarcía, Vilagarcía de Arousa (Pontevedra)

Podcast Luísa Villalta

Imaxe Biografía e actividades con pictogramas sobre Luísa Villalta

IES de Celanova Celso Emilio Ferreiro, Celanova (Ourense)

Biografía e actividades con pictogramas sobre Luísa Villalta

Imaxe Poesía e Imaxe. Luísa Villalta

CEIP de Ponzos, Ferrol (A Coruña)

Poesía e Imaxe. Luísa Villalta

Imaxe Biografía musical Luísa Villalta

CEIP Chans-Bembrive, Vigo (Pontevedra)

Biografía musical Luísa Villalta

Imaxe Telexornal das Letras Galegas: Luísa Villalta

CPI Dos Dices, Rois (A Coruña)

Telexornal das Letras Galegas: Luísa Villalta

Imaxe Letras Galegas 2024 - Luísa Villalta

IES Monelos, A Coruña (A Coruña)

Letras Galegas 2024 - Luísa Villalta

Imaxe Videoclip

CEIP Plurilingüe do Carballal, Marín (Pontevedra)

Videoclip "Poesía en silencio"

Imaxe As Letras Galegas e Luísa Villalta na nosa escola

CEIP Gregorio Sanz (Ribadeo, Lugo)

As Letras Galegas e Luísa Villalta na nosa escola

Imaxe Luísa, profesora de Galego

CPI de Cruz do Sar, Bergondo (A Coruña)

Luísa, profesora de Galego

Imaxe Xincana de Luísa Villalta

CPR Fogar de Santa Margarida, A Coruña (A Coruña)

Xincana de Luísa Villalta

Imaxe A Coruña de Villalta

CPR Escravas, CPR Franciscanas, Santa María do Mar, CPR Fogar de Santa Margarida, CPR Compañía de María, CPR Grande Obra Atocha e CPR Dominicos da Coruña, CPR Nosa Señora do Carme de Betanzos (A Coruña)

A Coruña de Villalta

Imaxe Festa da Lingua

CPR San Jorge, CPR Juventud, CPR La Salle, CPR Casa do Neno e CPR San Xosé de Cluny, Santiago de Compostela (A Coruña)

Festa da Lingua

Imaxe Centóns de Luísa Villalta

EPAPU Eduardo Pondal, A Coruña (A Coruña)

Centóns de Luísa Villalta

Imaxe Karaoke de versos de Luísa Villalta

CEIP Plurilingüe do Carballal, Marín (Pontevedra)

Karaoke de versos de Luísa Villalta "Poesía en silencio"

Imaxe Letras Galegas 2024

IES Isaac Díaz Pardo, Sada (A Coruña)

Letras Galegas 2024

Imaxe Videopoema de Luísa Villalta

IES Pintor Colmeiro, Silleda (Pontevedra)

Videopoema de Luísa Villalta

Imaxe Curtametraxe: Onde está Luísa?

IES Plurilingüe Pintor Colmeiro, Silleda (Pontevedra)

Curtametraxe: Onde está Luísa?

Imaxe 14º Concurso de Marcapáxinas (Luísa Villalta)

IES San Clemente, Santiago de Compostela (A Coruña)

14º Concurso de Marcapáxinas (Luísa Villalta)

Imaxe Primavera das Letras: Luísa Villalta (representación teatral e recitado)

CEIP Sada y sus Contornos e IES Isaac Díaz Pardo, Sada (A Coruña)

Primavera das Letras: Luísa Villalta (representación teatral e recitado)

Imaxe Unidade didáctica Luísa Villalta. Un poema para o 8 M.

IES Terra de Turonio, Gondomar (Pontevedra)

Unidade didáctica Luísa Villalta. Un poema para o 8 M.

Imaxe Vídeo homenaxe a Luisa Villalta

CPR Plurilingüe San Pío X (Ourense)

Vídeo homenaxe a Luisa Villalta

Imaxe O estandarte de Luísa Villalta

IES Plurilingüe Eusebio da Guarda, A Coruña (A Coruña)

O estandarte de Luísa Villalta

Imaxe Luísa Villalta, paixón e compromiso

IES Isaac Díaz Pardo, Sada (A Coruña)

Luísa Villalta, paixón e compromiso

Imaxe Caderno de Luísa Villalta

IES Miraflores, Oleiros (A Coruña)

Caderno de Luísa Villalta

Imaxe Bo Nadal

CEIP Plurilingüe de Sigüeiro, Oroso (A Coruña)

Bo Nadal

Imaxe Letras Galegas 2024. Luísa Villalta

Escolas Católicas de Galicia, Santiago de Compostela (A Coruña)

Letras Galegas 2024. Luísa Villalta

Formación