Día das Letras Galegas (2024) en Italia
Actividade do Centro de Estudos Galegos de Perugia.
Para celebrar o Día das Letras Galegas, o Centro di Studi Galeghi dell’Università di Perugia, en colaboración co Instituto Cervantes de Roma, organizou os días 16 e 17 de maio as seguintes iniciativas.
O xoves 16 de maio, ás 16.15 horas na Sala 3 do Palazzo Manzoni (praza Morlacchi 11), tivo lugar unha conferencia do Director do Instituto Cervantes de Roma Ignacio Peyró, sobre o papel da Institución que dirixe na difusión do Linguas cooficiais de España (castelán, galego, catalán e éuscaro), centradas principalmente no galego.
A continuación, a poeta Alba Cid, gañadora en 2020 do prestixioso Premio Nacional de Poesía Joven Miguel Hernández, realizou un relatorio sobre a traxectoria da súa poesía en relación co canon da poesía galega, con especial referencia a Luisa Villalta, a autora a quen lle dedicamos o Día das Letras Galegas deste ano.
O venres 17 de maio ás 21.00 horas, na evocadora Abadía de San Pietro (Borgo XX Giugno 74), houbo concerto co conxunto de cordas Umbria ensemble, dedicado ao trobador medieval.
Documentos relacionados
-
Programa JPG