Conmemoración do 35º aniversario da primeira sentenza ditada en lingua galega.
O contido do Dicionario de galego en Internet ten como base de partida o Dicionario normativo, editado por Ir Indo Edicións e que foi elaborado seguindo as regras ortográficas e morfolóxicas acordadas pola Real Academia Galega e o Instituto da Lingua Galega en xullo de 2003, con base léxica no Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega (VOLGa). Debe terse en conta que se trata dun traballo pechado que non está sendo actualizado nin corrixido.
O Centro de Estudos Galegos da Universidade da Habana celebra as Letras Galegas con varias iniciativas, como o III Certame de microconto galego na Habana, no que xa se recibiron máis de 30 orixinais dos que podedes ver aquí un par de mostras.
"O Centro de Estudos Galegos de Roma realizou este vídeo en homenaxe a Carvalho Calero. Contén o recitado de dous poemas do autor en galego e italiano"
Exposición virtual sobre o autor homenaxeado o 17 de maio realizada polo Centro de Estudos Galegos do Algarve
Vídeo do Centro de Estudos Galegos de Lisboa conmemorativo das Letras Galegas
Videopoema de Carvalho Calero realizado no Centro de Estudos Galegos da Universidade do Minho (Portugal)
Co gallo da dedicación do Día das Letras 2020 a Ricardo Carvalho Calero, o Colectivo lucense Egeria promoveu unha serie de actividades co patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración da Real Academia Galega e o Colexio Fingoi, para estudar e espallar os quince anos (1950-1965) en que o profesor e escritor ferrolán residiu en Lugo.
Exposición sobre a vida, a obra e o pensamento de Ricardo Carvalho Calero promovida pola Associaçom Galega da Língua (AGAL) e a Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia.
En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.