Temos dispoñibles para consulta 399 contidos
Os Bolechas. Carvalho Calero
13/05/2020 12:05 | Publicacións

En atención á situación excepcional que vivimos por mor da Covid-19 e ás especiais circunstancias en que se celebra este ano o Día das Letras Galegas, a editorial Bolanda, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, pon no Portal da Lingua Galega, a disposición dos máis pequenos da casa, un novo volume da colección As miñas primeiras Letras Galegas dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

Conversas sobre Ricardo Carvalho Calero
12/05/2020 12:05
Serie de 11 vídeos elaborados por Acuarela Comunicación coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Unidades didácticas sobre Carvalho Calero
11/05/2020 13:00

A Associaçom Galega da Língua (AGAL), en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) e a Deputación da Coruña, elaborou unha serie de unidades didácticas coa finalidade de divulgar a figura de Carvalho Calero entre a comunidade educativa, en especial entre o profesorado de galego e de portugués de todos os niveis do ensino público non universitario.

Serie de caricaturas de Carvalho Calero elaboradas por Siro
11/05/2020 12:15

A colección conta con 24 deseños de estilos diferentes -desde a caricatura con esaxeracións mínimas para salientar a expresión do retratado ata a de esaxeracións máximas, nun xogo artístico e humorístico cos riscos faciais- que percorren a evolución de don Ricardo desde a mocidade ata a madureza.

Mostras gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas 2020
08/05/2020 18:15 | Exposicións

A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de divulgar a figura e o legado de Ricardo Carvalho Calero, pon á vosa disposición os carteis das exposicións gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas, así como as guías didácticas correspondentes a cada mostra.

Cápsulas solidarias 'Xa abriu o día'
08/05/2020 13:00

O evento Cápsulas Solidarias ‘Xa abriu o día’. Letras Galegas no Ano Carvalho Calero é unha iniciativa promovida polo Espazo Universitario LiberQuaré, Familias Mundi e a Fundación polo Desenvolvemento Humano e Social de Galicia (FUNDHESGA) co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.

Homenaxe a Carballo Calero dende a diáspora
07/05/2020 13:00

O Festival Internacional Kerouac Poesía e Performance, coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística, organiza este encontro dixital a través da plataforma Zoom que será retransmitido por Facebook e Youtube Live. Con el convídase a​ artistas galegos e representantes do mundo da cultura en Estados Unidos a sumarse á celebración do Dia das Letras Galegas.

Olga nº 5
03/03/2020 15:00

Olga é a revista de poesía galega en Madrid que impulsa o Centro de Estudos Galegos da Universidade Complutense. 

Imaxe de cen anos
04/02/2020 12:45 | Exposicións

Exposición sobre Ricardo Carvalho Calero organizada polo Concello de Ferrol.