Xunto á nova aplicación Galicia Nomeada, a Xunta de Galicia e a Real Academia Galega publican a actualización da páxina de Toponimia de Galicia co obxectivo de ser a fonte de referencia da toponimia de Galicia para as persoas investigadoras e tamén para a poboación en xeral. De aí a importante compoñente divulgadora que, de inicio a fin, percorre a páxina web.
A plataforma Galicia Nomeada, cuxa versión de escritorio xa é accesible e que proximamente estará dispoñible para móbiles Android e iOS, permite a colaboración da cidadanía na recolleita da nosa microtoponimia,a introdución nunha base de datos, a xeorreferenciación e a difusión a través dun visor de topónimos que formará parte do novo portal da Toponimia de Galicia.
Nova versión do Corpus Documental do Galego Actual, unha ferramenta en liña do Centro Ramón Piñeiro para a Investigación en Humanidades (CRPIH)
Velaquí 12 vídeos creados por Acuarela Comunicación coa colaboración da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Son anacos de conversas con Antonio Fraguas gravadas poucos meses antes do seu pasamento polo director de cinema Xan Leira.
Proxecto-homenaxe a Antonio Fraguas impulsado polo Colectivo Egeria co apoio da Consellería de Cultura e Turismo.
A Secretaría Xeral de Política Lingüística, co fin de difundir a figura e o legado de Antonio Fraguas Fraguas entre a comunidade educativa dos diferentes niveis de ensino non universitario, pon á vosa disposición os carteis das exposicións gañadoras do Concurso-Exposición Letras Galegas, así como das guías didácticas correspondentes a cada mostra e outros materiais complementarios.
XIADA é un etiquetador estatístico de alta precisión que empregamos para etiquetar e lematizar automaticamente os documentos do CORGA, e poder así dar un salto cualitativo na recuperación de información formulando consultas que utilizan información gramatical (etiquetas, lemas, hiperlemas, clases de palabras, trazos morfosintácticos etc.).
No marco da programación institucional Letras Galegas 2019, a Xunta de Galicia presenta o proxecto expositivo itinerante Antonio Fraguas, memoria dun soño. Viaxe a unha Galicia orgullosa de si mesma. Esta mostra fará parada, desde abril ata decembro, en doce localidades galegas: Arteixo, A Coruña, Celanova, Cerdedo-Cotobade, A Estrada, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo e, da man da Fundación Otero Pedrayo, Amoeiro.