Temos dispoñibles para consulta 41 recursos
Ben falado!
21/09/2017 10:30

Microespazo divulgativo dedicado á lingua galega da Secretaría Xeral de Política Lingüística

O ximnasio dos verbos
11/05/2017 08:00

O Centro de Estudos Galegos de Heidelberg creou unha aplicación para practicar e aprender os verbos (semi)irregulares do galego.

TERGAL: Banco de termos galegos recomendados
24/01/2017 08:00 | Base de datos
O Servizo de Terminoloxía Galega (TERMIGAL) vén de publicar TERGAL, un banco de termos científicos e técnicos normativos
Videoclip A cidade
22/11/2016 08:44 | Audiovisuais

No marco da programación Letras Galegas 2016 posta en marcha pola Consellería de Cultura e Educación, a Secretaría Xeral de Política Lingüística colabora, canda a Deputación Provincial de Ourense, a UVigo e o Colectivo Re.creo, nesta peza audiovisual baseada na canción do proxecto Canta o cuco (Editorial Galaxia, 2016), inspirada no poema homónimo de Manuel María (As rúas do vento ceibe, 1979) e composta e interpretada por Uxía e Magín Blanco.

Manuais de linguaxe xurídica e administrativa
11/05/2016 08:00 | Publicacións | Manual

A Secretaría Xeral da Lingua pon a disposición da cidadanía materiais para a formación en linguaxe xurídica e administrativa que poderán tanto servir de apoio ao alumnado dos cursos de linguaxes de especialidade como para a guía e autoformación de todas as persoas interesadas. O obxectivo último destes materiais é mellorar a calidade dos textos orais e escritos que emanan da Administración.

Dicionario Digalego
22/01/2016 08:00 | Dicionario

Con máis de 65 000 entradas, o Digalego é o dicionario máis completo da lingua propia de Galicia, que a Xunta pon a disposición de toda a cidadanía grazas ao acordo entre a Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (Amtega) e a editorial Ir Indo, que elaborou esta obra ao longo de 20 anos de traballo.

Celga 1. Aula de Galego. Manual do alumnado
16/09/2015 08:44 | Manual

Aula de Galego 1 é un manual para o ensino e aprendizaxe do galego baseado no enfoque comunicativo e por tarefas, adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas no nivel A2. É o material empregado para os cursos preparatorios de Celga 1 e pódese atopar en librarías.

Celga 2. Aula de Galego. Manual do alumnado
15/09/2015 08:44 | Manual

Aula de Galego 2 é un manual para o ensino e aprendizaxe do galego baseado no enfoque comunicativo e por tarefas, adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas no nivel B1. É o material empregado para os cursos preparatorios de Celga 2 e pódese atopar en librarías

Celga 3. Aula de Galego. Manual do alumnado
14/09/2015 08:44 | Manual

Aula de Galego 3 é un manual para o ensino e aprendizaxe do galego baseado no enfoque comunicativo e por tarefas, adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas no nivel B2. É o material empregado para os cursos preparatorios de Celga 3 e pódese atopar en librarías.

Celga 4. Aula de Galego. Manual do alumnado
11/09/2015 08:44 | Manual

Aula de Galego 4 é un manual para o ensino e aprendizaxe do galego baseado no enfoque comunicativo e por tarefas, adaptado ao Marco europeo común de referencia para as linguas no nivel C1. É o material empregado para os cursos preparatorios de Celga 4 e pódese atopar en librarías.