Volver

#ACULTURASEGUE

O Camiño das mulleres. Sabela Losada Cortizas

Iniciativa realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Libro dixital sobre a experiencia de viaxe e peregrinación feita por cinco mulleres. Nel, o propio Camiño de Santiago é amosado como fonte de transformación e como experiencia de viaxe accesible, sostible, segura e diferenciada no mercado turístico actual, especialmente recomendable para mulleres que viaxan soas. Por outra banda, o libro fai referencia a mulleres galegas como Exeria, que en diferentes séculos abriron camiño coas súas experiencias vitais viaxeiras, rompendo prexuízos e convencionalismos e converténdose en verdadeiros referentes para as novas e futuras xeracións. Ademais do texto de Sabela Losada, contén ilustracións de Ana Villegas e fotografías de Soledad Felloza.

Preme sobre a imaxe para descargar o libro

O Camiño das Mulleres