Volver

#ACULTURASEGUE

Abe Rábade. Piano solo entre árbores. Miraxe Sociedade Cooperativa Galega

Obra realizada ao abeiro do Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 21.

Velaquí un concerto do compositor e pianista de jazz Abe Rábade, quen interpreta un repertorio único, seleccionado e traballado durante o confinamento, que inclúe as seguintes pezas: “Liberación”, “Desexo”, “Ham-Dam. Improvisation” e “Freixo”. O concerto foi gravado ao aire libre, nun espazo arborado da parroquia rianxeira de Asados, o 4 de novembro de 2020.

A interpretación das catro composicións sinaladas vai precedida dunha presentación a cargo do propio Abe Rábade en que este reflexiona sobre o confinamento e o sentido da vida, así como sobre as peculiaridades, tanto da interpretación jazzística en xeral, como da experiencia de tocar nun espazo natural na soidade da noite.