Volver

Conmemoracións

As conmemoracións e celebracións arredor da diversidade lingüística contribúen a concienciar a poboación sobre a importancia dos idiomas con independencia do seu número de falantes.

A Xunta de Galicia, a través da Secretaría Xeral de Política Lingüística, súmase a celebracións propostas por organismos internacionais como a UNESCO ou o Consello de Europa no seu afán de dalas a coñecer na  nosa comunidade e, deste xeito, avanzarmos cara a unha sociedade  consciente da vantaxe e da responsabilidade que implica termos unha lingua propia que nos singulariza e que nos arrequece a nós mesmos e a toda a humanidade.