Volver

REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Formación permanente

I Seminario de Formación Permanente da Rede de Dinamización Lingüística 2011

A Rede de Dinamización Lingüística dá novos pasos para reforzar a formación específica de toda a súa representación técnica. Faino co fin de garantir a posta en marcha de estratexias básicas comúns en todo o territorio de Galicia para fomentar o uso social do galego, baseadas na planificación e na coordinación.

Con este obxectivo, pon en marcha o I Seminario de Formación Permanente da Rede de Dinamización Lingüística. Esta iniciativa, dirixida ás representantes e aos representantes técnicos das entidades adheridas á Rede, quere ser un espazo dedicado á formación continuada en dinamización lingüística.

Seminario de Iniciación á Dinamización da Lingua Galega desde as Entidades Locais 2011

Esta xornada de traballo, na que se ofrecen as principais pautas de traballo en promoción social da lingua galega, está dirixida á representación técnica das entidades adheridas á Rede que se está a iniciar no ámbito da dinamización lingüística. Trátase da primeira acción de formación nesta materia que organiza a Xunta de Galicia para os técnicos dos concellos.

  • Data: 10 de xuño de 2011
  • Lugar: Edificio Administrativo de San Caetano. Santiago de Compostela
  • Programa do seminario