Ciencia en galego

Desde que, no ano 2001, a UNESCO declarou o 10 de Santos como Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento, novembro pasou a ser para todos nós o Mes da Ciencia. En consonancia con isto, desde hai 11 anos o profesorado de Galicia celebra en novembro o Mes da Ciencia en Galego. O obxectivo desta conmemoración é o de mostrar que a lingua galega é útil e tan válida como calquera outra para facer pescuda, ensino e divulgación científica.

Como vén sendo habitual, a Secretaría Xeral de Política Lingüística, a través dos equipos de dinamización da lingua galega, colabora con Bibliotecas para a celebración do Mes da Ciencia nas Bibliotecas e con Igaciencia na organización de webinarios de dinamización científica en galego. Tras o éxito dos webinarios dos últimos anos, que chegaron a superar os 8.000 espectadores, as videoconferencias programadas en 2023 son as seguintes:

  • Dr Diego Martínez Santos, A fisica de particulas no seculo XXI. Día 3 de novembro ás 12:00 horas.
  • Dr. Fco. Javier De Toro Santos, Historia de vocación dun médico reumatólogo. Día 17 de novembro, ás 12:00 horas.
  • Dra. Mónica Cartelle Gestal, A complexidade escondida no miúdo. Día 24 de novembro ás 12:30 horas.

As videoconferencias poderán seguirese  a través da canle de Youtube de Igaciencia. Ademais, para facer preguntas durante a emisión cómpre estar subscrito na páxina habilitada para o efecto por Igaciencia.