Volver

REDE DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Obxectivos

Os obxectivos estratéxicos da Rede son:

  1. Fomentar a dinamización da lingua galega e o seu coñecemento, uso e divulgación social.
  2. Consolidar e asentar a colaboración e a acción conxunta e coordinada da Secretaría Xeral de Política LIngüística e das entidades locais integradas nesta rede, que permita o intercambio de experiencias, a suma de esforzos, así como evitar a duplicidade de tarefas semellantes entre diferentes administracións ou con outras organizacións que actúan na promoción do uso da lingua galega.
  3. Asegurar o contacto interinstitucional para a consolidación das relacións que fagan efectiva a acción dinamizadora.
  4. Compartir unha planificación lingüística que defina estratexias básicas comúns en todo o territorio de Galicia e poñer á disposición de todos os membros da Rede os materiais e información básica relativa ás actividades de dinamización lingüística que se desenvolvan en cada unha das entidades integradas na Rede.
  5. Establecer criterios de avaliación e indicadores unificados qie permitan avaliar as actuacións de promoción do uso do galego.
  6. Ampliar a difusión das actuacións das diferentes entidades que conforman a rede a unha gran parte do territorio de fala galega.
  7. Favorecer un marco de formación para os profesionais dos servizos lingüísticos, así como doutros axentes participantes nos procesos de dinamización lingüística.
  8. Implicar e asesorar os diferentes axentes dinamizadores para unha maior eficacia e eficiencia no deseñode estratexias e no desenvolvemento de actuacións.
  9. Fomentar a corresponsabilidade das diferentes entidades en materia de promoción do uso do galego.
  10. Promover un programa estable e continuado de formación en lingua galega para adultos, así como para colectivos específicos que se determine en cada zona ou en cada momento.