Volver

Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021. Segunda convocatoria

No marco do Plan de reactivación dos sectores cultural e turístico fronte aos efectos derivados da Covid-19, a Secretaría Xeral de Política Lingüística convoca unha nova edición do Fondo de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021 (Fondo X21)

XUSTIFICACIÓN DOS PROXECTOS PRESENCIAIS

Nas seguintes ligazóns poderán descargar os modelos dos anexos A e B das resolucións de adxudicación en formato editable .odt que deberán cubrir e asinar dixitalmente para presentar na fase de xustificación:

- Anexo A - ficha con datos da execución

- Anexo B - modelo de certificado da realización do servizo

CUARTA RESOLUCIÓN

Nota informativa

A selección de proxectos admitidos da lista de agarda, segundo o anexo I e o anexo II desta resolución, terá carácter definitivo para as persoas titulares dos proxectos pero non xerará dereitos económicos en favor destas ata que a Secretaría Xeral de Política Lingüística lles notifique a cada unha delas, individualmente, a correspondente resolución de adxudicación do contrato. As persoas adxudicatarias deberán devolvela asinada en proba de conformidade, na forma e no prazo previsto no seu texto.

MOI IMPORTANTE: As persoas adxudicatarias non deben separar o texto da resolución do anexo desta e, polo tanto, a conformidade farase asinando dixitalmente a totalidade da resolución, non só o Anexo I.

Para resolver dúbidas poderán enviar un correo electrónico a: info-fondox21@xunta.gal ou chamar ao número de telefono 687 041 884. Para facilitar as respostas das consultas realizadas deberán identificar sempre o NIF da persoa solicitante e o número de rexistro do expediente (que é o da solicitude inicial para participar no procedemento).

TERCEIRA RESOLUCIÓN

NOTA MOI IMPORTANTE

1. A persoa titular do proxecto admitido con carácter provisional do anexo III acreditará documentalmente que ten persoal contratado para a execución do contrato con data límite do martes 13/07/2021. En calquera caso, recomendámoslle á persoa interesada que non deixe a presentación desta documentación para o último día de prazo por se houber calquera problema técnico ou for necesario aclarar calquera dúbida administrativa sobre o procedemento.

2. As persoas titulares de proxectos admitidos con carácter definitivo, os que causen baixa definitiva no procedemento, así como os admitidos con carácter provisional da Lista de agarda en substitución dos que causen baixa e calquera outra persoa interesada no procedemento poderán enviar un correo electrónico a: info-fondox21@xunta.gal para resolver as súas dúbidas.

3. Para facilitar as respostas das dúbidas correspondentes, as persoas interesadas deberán identificar o CIF/NIF da persoa solicitante e o número de rexistro do seu expediente (solicitude inicial para participar no procedemento).

Lémbrase que na guía para as persoas adxudicatarias publicada nesta páxina web figura toda a información necesaria sobre o procedemento e un esquema da fase de selección de proxectos na pax.13 da indicada guía.

Para calquera información as persoas interesadas tamén poderán chamar ao número de telefono: 687 041 884

SEGUNDA RESOLUCIÓN

CONFORME DAS RESOLUCIÓNS DE ADXUDICACIÓN

As persoas ás que se lles notifique a súa resolución de adxudicación individualizada deberán devolver toda esta asinada (non só o anexo I) para que non quede invalidada a sinatura do órgano contratante e se identifiquen univocamente as características particulares do contrato. Para iso cómpre non alterar o arquivo da resolución e asinalo íntegro.

Inclúe:

1. Relación de proxectos seleccionados con carácter definitivo (que eran provisionais na primeira resolución publicada) das diferentes modalidades e categorías orzamentarias de proxectos culturais en lingua galega Xacobeo 2021. (Anexo I)

2. Relación de proxectos (da primeira resolución) que causan baixa definitiva (Anexo II)

3. O requirimento colectivo ás persoas titulares da lista da agarda con puntuación suficiente para cubrir as baixas definitivas ( e que vai dirixido só as persoas titulares dos proxectos do Anexo III con carácter PROVISIONAL)

4. Corrección de erros de datos identificativos e outras circunstancias que afectan ás persoas titulares de proxectos seleccionados, rexeitados e da lista de agarda publicados coa primeira resolución administrativa do 15/06/2022 (Anexo IV)

5. Lista de agarda actualizada (Anexo V)

NOTA IMPORTANTE

1. As persoas titulares de proxectos admitidos con carácter provisional do anexo III teñen de data límite ata o luns 5/07/2021 para acreditar documentalmente que teñen persoal contratado para a execución do contrato.

En calquera caso, recomendamos non deixar a presentación desta documentación para o último día de prazo por se houber calquera problema técnico ou for necesario aclarar calquera dúbida administrativa sobre o procedemento.

2. As persoas titulares de proxectos admitidos con carácter definitivo, os que causen baixa definitiva no procedemento, así como os admitidos con carácter provisional da Lista de agarda en substitución dos que causen baixa ou calquera outra persoa interesada no procedemento e que queiran resolver calquera dúbida poderán enviar un correo electrónico a: info-fondox21@xunta.gal

Tamén poderán solicitar información sobre calquera dúbida as persoas titulares de proxectos que figuran na Lista de agarda actualizada e as titulares de proxectos respecto dos que na Segunda resolución se corrixiron erros de transcrición de datos identificativos e outras circunstancias erróneas que figuraban na Primeira resolución e que se corrixen coa publicación desta Segunda resolución administrativa de proxectos do Fondo X21.

3. Para facilitar as respostas das dúbidas correspondentes, as persoas interesadas deberán identificar o CIF/NIF da persoa solicitante e o número de rexistro do seu expediente (solicitude inicial para participar no procedemento).

Lémbrase que na guía para as persoas adxudicatarias publicada nesta páxina web figura toda a información necesaria sobre o procedemento e un esquema da fase de selección de proxectos na pax.13 da indicada guía.

Para calquera información as persoas interesadas tamén poderán chamar ao número de telefono: 687 041 884

PRIMEIRA RESOLUCIÓN DA SELECCIÓN DE PROXECTOS

NOTA MOI IMPORTANTE:

1. As persoas titulares dos proxectos admitidos provisionais do anexo II teñen de data límite ata o 25/06/2021 para acreditar documentalmente que teñen persoal contratado.

En calquera caso, recomendamos non deixar a presentación desta documentación para os últimos días de prazo por se houber calquera problema técnico ou for necesario aclarar calquera dúbida administrativa sobre o procedemento.

2. As persoas titulares de proxectos admitidos, en lista de agarda ou rexeitados que queiran coñecer a concreta desagregación da súa puntuación, en función dos criterios de valoración, poderán solicitala mandando un correo electrónico a info-fondox21@xunta.gal

Tamén poderán solicitar información detallada da avaliación dos seus proxectos as persoas titulares dos que sairán como rexeitados ou excluídos.

O correo coa solicitude deberá enviarse desde o correo comunicado na solicitude para efectos da notificación e deberá identificar o CIF/NIF da persoa solicitante e o número de rexistro da solicitude.

DESCRICIÓN DO FONDO

Esta nova convocatoria, feita pública o luns 8 de marzo de 2021, persegue os seguintes obxectivos:

  • Incrementar os contidos creativos de interese cultural e lingüístico do Fondo creado o pasado ano
  • Dinamizar a lingua propia de Galicia
  • Proporcionarlles apoio e visibilidade inmediata ás empresas, cooperativas, entidades culturais e profesionais da cultura e da creación artística da Comunidade Autónoma de Galicia

Destinatarios

Poden presentar unha única proposta ao Fondo X21:

  • Profesionais do sector cultural e lingüístico, creativo e artístico galego
  • Empresas culturais e lingüísticas e/ou artísticas
  • Cooperativas culturais e lingüísticas e/ou artísticas
  • Entidades ou institucións privadas de carácter cultural e/ou lingüístio sen ánimo de lucro que teñan personal laboral contratado para desenvolver os proxectos

Os proxectos seleccionados recibirán unha contía de ata 6000 €, no caso dos autónomos ou empresas sen persoal a cargo contratado, e de entre 6000 e 15000 € para os profesionais, institucións ou empresas con persoal laboral contratado, así como as cooperativas. En ambos os casos inclúense todos os custos de execución, os impostos e as taxas correspondentes.

Formatos

Os produtos que integrarán este repositorio de contidos poden presentarse en calquera destes formatos:

  • Dixitais (vídeos, música, películas, documentais, … pero non páxinas web, aplicacións informáticas ou similares)
  • Presenciais (actuacións teatrais, musicais, exposicións, obradoiros, retransmisións en directo por streaming...)
  • Materiais (libros, audiolibros, xogos, fotografías, pinturas ...)
  • Combinación dos formatos anteriores

Prazos

prazo de presentación de solicitudes remata o 8 de abril de 2021.Os proxectos seleccionados publicaranse mediante resolución, que lle será notificada tamén individualmente a cada solicitante.

O prazo de execución dos contratos adxudicados rematará na data especificada na resolución de adxudicación ou no contrato correspondente, e sempre antes do 15 de decembro de 2021.

 

Contacto

info-fondox21@xunta.gal

687 041 884

Horario de atención no verán (xullo e agosto): Luns a venres de 8:00 h a 15:00 h

Se, por motivos técnicos, resultase difícil contactar telefonicamente, recomendamos que formulen as súas dúbidas ou preguntas a través do correo electrónico e responderémoslles o máis axiña posible.