A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, en colaboración coa Fundación Manuel María, programa unha exposición divulgativa que mostra de xeito ameno e gráfico a traxectoria vital e literaria do autor homenaxeado o 17 de maio de 2016.
A exposición, comisariada pola Casa-Museo Manuel María, foi inaugurada na Biblioteca Pública da Coruña Miguel González Garcés o día 5 de maio e permaneceu na cidade onde morreu o cantor da Terra Chá ata o día 17, en que se trasladou ao concello natal do poeta, Outeiro de Rei.
A partir de aí inicia un percorrido que a levará ao longo do ano a 13 bibliotecas e concellos da Rede de Dinamización Lingüística das catro provincias galegas. Deste xeito, ademais de nas localidades mencionadas, a mostra Manuel María. Beleza, amor e compromiso, poderá verse en Santiago de Compostela, Vilalba, Monforte de Lemos, Celanova, Lugo, Noia, Marín, Pontevedra, Ferrol, Vigo e Ourense.
Datas e espazos de itinerancia (do 2 de maio ao 18 de decembro de 2016)
- A Coruña, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés, do 2 ao 16 de maio
- Outeiro de Rei, na Casa da Cultura, do 17 ao 30 de maio
- Vilalba, na Casa da Cultura, do 1 ao 15 de xuño
- Santiago de Compostela, na Biblioteca Pública Ánxel Casal, do 17 de xuño ao 2 de xullo
- Marín, no Museo Municipal Manuel Torres, do 5 ao 16 de xullo
- Noia, na Casa da Cultura, do 18 de xullo ao 2 de agosto
- Pontevedra, na Biblioteca Pública Antonio Odriozola, do 1 ao 14 de setembro
- Vigo, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, do 16 setembro ao 2 de outubro
- Monforte de Lemos, na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro, do 4 ao 17 de outubro
- Lugo, na Biblioteca Pública, do 19 ao 31 de outubro
- Ferrol, na Biblioteca Pública, do 3 ao 15 de novembro
- Ourense, no Ateneo, do 17 ao 30 de novembro
- Celanova, Casa dos Poetas, 2 ao 18 de decembro
Documentos relacionados
-
Panel 0. Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004) PDF
-
Panel 1. Máis aló do eu, a paisaxe humanizada PDF
-
Panel 2. A identificación coa terra PDF
-
Panel 3. O desacougo dun mozo inadaptado PDF
-
Panel 4. Un paso máis: Galiza é a miña patria PDF
-
Panel 5. Precisamos a lingua se queremos vencer PDF
-
Panel 6. Poemas para a xente miúda PDF
-
Panel 7. A intervención político-literaria PDF
-
Panel 8. O pesimismo dos feitos e o regreso á poesía intimista e amorosa PDF
-
Panel 9. Teatro, narrativa, ensaio e prosa xornalística PDF
-
Panel 10. Un monumento literario que nos dignifica PDF
-
Folleto expositivo. Manuel María. Beleza, amor e compromiso (1929-2004) PDF