Volver

Premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia

Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se conceden os premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia

A Comisión de Selección do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia, constituída ao abeiro da Resolución da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Secretaría Xeral de Educación e Formación Profesional da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades pola que se conceden os premios do Concurso de Curtas Senda Litoral de Galicia, seleccionou como gañadoras as seguintes curtas:

Primeiro Premio

Conto do Miño, do IES Antón Alonso Ríos. Tomiño. Pontevedra

Segundo Premio

Aturuxando nas ondas, do IES Punta Candieira. Cedeira. A Coruña

Terceiro Premio

Unha illa no medio do mar, do IES Valadares. Vigo. Pontevedra

O concurso, destinado ao alumnado dos centros docentes da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional eUniversidades que imparten ensinanzas sostidas con fondos públicos (ESO, bacharelato, formación profesional básica, ciclos formativos de grao medio e ensinanzas especiais de grao medio), ten como obxectivos:

  • Pór en valor, promover e fomentar o coñecemento do patrimonio, a paisaxe, a natureza, as lendas, a gastronomía ou calquera outro activo do territorio polo que atravesa a Senda.
  • Dinamizar o uso da lingua galega entre o alumnado e entre a comunidade educativa.
  • Promover unha imaxe positiva e actual da lingua galega por medio da vinculación coas tecnoloxías da información e da comunicación.
  • Favorecer a presenza e o uso do galego en novos espazos e soportes. Fomentar o galego oral, coa creación de novos ámbitos de uso frecuente que favorezan a utilización da lingua dentro e fóra das aulas.
  • Estimular a participación e o traballo conxunto entre o alumnado.

A/O docente responsable dos vídeos galardoados co 1º, 2º e 3º premio recibirá unha certificación de Premio de Innovación Educativa, cunha equivalencia de 20 horas de formación permanente do profesorado.