Volver

Guía de linguaxe inclusiva

Centro: CEIP Barouta, Ames (A Coruña)
Curso: 2021-2022

Esta completa guía de linguaxe inclusiva xorde no marco da comisión mixta de traballo en igualdade e xénero impulsada polo CEIP Barouta de Ames en colaboración coa ANPA.

Enmárcase dentro das liñas de acción do proxecto "As máscaras do machismo", que se desenvolveu neste centro. Esta proposta a prol da igualdade non só será útil para concienciar o alumnado sobre o sexismo lingüístico, senón tamén as súas familias e o resto da comunidade educativa.