Volver

A escola das avoas

Centro: IES Marco do Camballón, Vila de Cruces (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

Neste documental o alumnado do IES Marco do Camballón entrevista as súas avoas e os seus avós sobre a escola da súa infancia. Así, grazas ao seu testemuño, lembramos por exemplo as desigualdades que había entre nenas e nenos, a violencia física e psicolóxica á que algún mestre os sometía, a represión contra a nosa lingua... Inclúe tamén un fragmento no que Neira Vilas fala do mesmo tema.