Volver

Olloboi 2023

Centro: IES A Cachada / Asociación Cultural Olloboi, Boiro (A Coruña)
Curso: 2022-2023

A Asociación Cultural Olloboi organiza, un ano máis, o Festival de Cine Escolar Olloboi. No certame pode participar toda a comunidade educativa dos centros escolares (alumnado, docentes, ex-docentes, familias e persoal da Administración e Servizos). O prazo de presentación das pezas na plataforma olloboi.com remata o 5 de maio. Neste mesmo espazo, as persoas interesadas teñen á súa disposición obradoiros e recursos didácticos destinados a público de distintas idades, ademais dunha mostra de audiovisuais das edicións anteriores.

Logo da publicación dos traballos finalistas, o 11 de maio, haberá unha exposición permanente con proxección das curtas seleccionadas, do 22 ao 25 de maio. Durante estes días tamén se ofrecerán visitas guiadas para os centros (pola mañá, con reserva previa) e para á cidadanía en xeral (mañá e tarde). O 26 de maio desenvolverase o encontro Olloboi (Muchachada, entrega de premios, cea, concerto etc.).