Volver

O meniño rei, un conto de Nadal especial

Centro: CPR Compañía de María, Ferrol (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Audioconto que contén, alén dun relato orixinal sobre a historia de Nadal, códigos QR con oito panxoliñas interpretadas vocalmente polo alumnado do CPR Compañía de María de Ferrol. O traballo foi coordinado polo profesor de Música, Alberto Hermáns González (autor do texto e das composicións musicais), xunto co Departamento de Pastoral e do Equipo de Dinamización da Lingua Galega deste centro ferrolán.

A publicación O meniño rei encádrase no proxecto do mesmo nome galardoado cun dos Premios Irmán Reboiras ás mellores iniciativas de fomento do galego, que promove Escolas Católicas de Galicia co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística.