O cacho de San Xoán
		Centro: CEIP Vicente Arias de la Maza, Lalín (Pontevedra)	
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Neste vídeo podemos ver como o alumnado do CEIP Vicente Arias de la Maza, a instancia do EDLG, preparou con todo detalle esta tradición de San Xoán que inicia o verán en Galicia: a elaboración do cacho. Primeiro documentáronse, logo saíron a recoller todas as herbas propias; realizaron bonitos murais coa súa nomenclatura; engadiron auga de sete fontes para deixalas ao resío de noite; enxalzaron as virtudes de lavar a cara con elas na mañanciña do día 24 e ata saltaron unha cacharela moi particular!