Somos diferentes, somos referentes!
		Centro: IES do Milladoiro, Ames (A Coruña)	
Curso: 2024-2025
Curso: 2024-2025
Proxecto inclusivo que xira arredor de dous eixes: a aprendizaxe do galego entre o alumnado de orixe estranxeira e mais a integración e visibilización da diversidade cultural e lingüística, nun centro no que convive alumnado de máis de vinte nacionalidades. Entre as actuacións realizadas está a selección de referentes artísticos galegos (Carlos Blanco, Faia, Ugia e Uxía) e internacionais (o armenio Ara Malikian ou o brasileiro Fred Martíns) que apoian a iniciativa.