De viva voz: Refráns de outono
		Centro: CEIP Plurilingüe Frián-Teis, Vigo (Pontevedra)	
Curso: 2022 - 2023
Curso: 2022 - 2023
Entre as actividades do EDLG do CEIP Plurilingüe Frián-Teis destacan os Venres de viva voz, un programa semanal que ten como obxectivo fomentar a oralidade na nosa lingua.
Nesta ocasión tocoulle ao alumnado de 3º A , que nos presenta unha recompilación de refráns ilustrados do tempo da outonía, cunha pequena explicación da importancia que teñen na nosa cultura.