O Nadal en Galicia (symbaloo)
		Centro: CEIP Xesús San Luís Romero, Carballo (A Coruña)	
Curso: 2023-2024
Curso: 2023-2024
No blog do EDLG do CEIP Xesús San Luís Romero de Carballo atopamos unha ferramenta moi útil para preparar as actividades de Nadal nos centros escolares. Trátase dun symbaloo que inclúe unha variada compilación de materiais relacionados coa celebración do Nadal en Galicia, dende información sobre figuras míticas como a do Apalpador ata cantares como as xaneiras, ou comidas como o capón.