Os documentais de Os Ollos do Miño Producións
Centro: CEIP Manuel Sieiro, Crecente (Pontevedra)
Curso: 2018-2019
Curso: 2018-2019
O EDLG do CEIP Manuel Sieiro creou, no marco do seu proxecto de innovación educativa en dinamización lingüística, Os Ollos do Miño Producións, unha produtora de eventos, co obxectivo de unir e organizar todas as actividades que se desenvolven no centro a prol da lingua galega. Entre elas, ocupan un lugar especial, polo número e a calidade, os documentais científicos da aula i9, de natureza, astronomía, evolución da humanidade...