Volver

Contacontos O avó

Centro: CEIP de Vite, CEIP As Fontiñas, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2019-2020

O vindeiro 20 de marzo, o alumnado dos colexios composteláns de Vite e As Fontiñas terá o privilexio da asistir no Auditorio Neira Vilas da Cidade da Cultura á sesión de contacontos de Ramiro Neira O avó: unha emotiva historia enmarcada no Festival Atlántica Miúda e promovida pola Xunta de Galicia para conmemorar o Día Internacional de Tradición Oral.