Volver

Un día con Rosalía

Centro: CPR Sagrada Familia de Aldán, Cangas (Pontevedra)
Curso: 2021-2022

O alumnado do CPR Sagrada Familia de Aldán realizou unha homenaxe especial a Rosalía de Castro con motivo da conmemoración do seu nacemento. Neste pequeno documental, as rapazas e os rapaces, despois de se caracterizaren convenientemente co fin de lograr unha ambientación moi acaída da época, explican a vida da autora e recitan os seus poemas.