Volver

O Kamishibai do hospital, pílulas para un mundo mellor

Centro: Aula hospitalaria do Hospital Arquitecto Marcide, Ferrol (A Coruña)
Curso: 2023 - 2024

Singular material deseñado polas profesoras Pilar Porta e Marta Peña, que pretende normalizar a existencia da enfermidade na infancia e na adolescencia e visualizar o proceso de hospitalización nestas etapas da vida.

O proxecto consta dos seguintes produtos:

  • O Kamishibai do hospital, un soporte en madeira para o teatriño en dimensión A3.
  • 12 láminas ilustradas sen texto, que conforman o anverso da historia do conto.
  • Pílulas para un mundo mellor, un conto impreso no reverso das láminas.
  • O caderno de Gaia, un espazo creativo destinado a escribir contos, poesías, debuxar viñetas etc.

Trátase dun recurso didáctico adaptable a distintos niveis educativos (infantil, primaria e secundaria), ideado inicialmente para o ámbito hospitalario, pero que se pode empregar tamén noutros contextos escolares.