Aquí tamén se fala na EEI da Marisma
Centro: EEI da Marisma, Redondela (Pontevedra)
Curso: 2025-2026
Curso: 2025-2026
O alumnado de 6º de infantil da EEI da Marisma elaborou as súas propias e graciosas ilustracións e distribuíunas en forma de adhesivos polos establecementos da contorna, seguindo o ronsel da campaña Aquí tamén se fala do IES Rafael Dieste. A iniciativa forma parte da variada programación da "Semaniña enteira coa nosa lingua" que están a desenvolver varios centros do municipio.