Volver

A violencia de xénero en Radio Mende

Centro: CPI José García García, Mende (Ourense)
Curso: 2020-2021

Co gallo da celebración do Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, o alumnado CPI José García García de Mende, en colaboración co EDLG e o Equipo de Biblioteca, realizou unha emisión especial na radio do colexio, coordinada pola profesora de Audición e Linguaxe. Nela participou toda a comunidade educativa, imaxinando o que ocorrería no ano 2050 pola mesma data.