Volver

X Festival de Panxoliñas 2020

Centro: Escolas Católicas, Santiago de Compostela (A Coruña)
Curso: 2020/2021

En vésperas da celebración das festas de Nadal, Escolas Católicas de Galicia organiza, desde hai unha década, este emotivo festival de panxoliñas. Nesta edición foi retransmitido en directo a través da canle de YouTube da entidade e participaron, ademais de sete centros galegos, un da Guinea Ecuatorial. Parabéns ao alumnado do CPR Compañía de María e CPR Divino Maestro de Santiago de Compostela, CPR A Inmaculada de Marín, CPR Nosa Señora do Rosario de Arzúa, CPR Xesús Maestro de Ferrol, CPR San Fermín - Padres Somascos de Caldas, CPR Sagrado Corazón de Ribadeo e ao coro das Bisilitas de Lampert polas súas actuacións.