Volver

Entroido 2021

Centro: CEIP Juan Fernández Latorre, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2020/2021

Desde o EDLG do CEIP Juan Fernández Latorre chéganos esta ampla selección de materiais sobre o Entroido. Ao premerdes nas iconas atoparedes, ademais dos mandadiños do Meco, unha unidade didáctica con contidos teóricos, textos e exercicios para todos os niveis de infantil e primaria, desde encrucillados, crebacabezas ou labirintos a actividades de colorear para os nenos e nenas máis pequenos. Parabéns a todos e grazas por compartilos!