Vivir na Coruña
Centro: CEE María Mariño, A Coruña (A Coruña)
Curso: 2023-2024
Curso: 2023-2024
As nenas e os nenos do CEE María Mariño da Coruña xa poden coñecer mellor os barrios da cidade herculina, dende O Castrillón a Montealto, da Cubela a Santa Margarida e moitos outros. Ademais de localizalos no mapa da Coruña, tamén aprenden os traxectos que cómpre facer para chegar e os servizos que se ofrecen en cada un deles.