Volver

Aldapeko

Centro: CEIP Plurilingüe Bragade, Oza-Cesuras (A Coruña)
Curso: 2024-2025

Nestes días en que casan os paxariños, as nenas e os nenos do CEIP Plurilingüe Bragade interpretan Aldapeko, unha canción tradicional vasca na que se describe o cantar dunha pequena ave e se imita, cunha onomatopea, o seu apegadizo canto.

O alumnado de 5º e 6º de EP adaptou a letra ao galego, o de 1º e 2º verbalizou o resumo da canción expresado tamén en pictogramas e o de EI e 1º ciclo de EP cantou a primeira estrofa, primeiramente en vasco (con subtítulos e tradución simultánea ao galego) e, posteriormente, en galego (con subtítulos e lingua de signos).

Ademais, podemos ver os traballos manuais e os debuxos realizados sobre esta peza por todo o alumnado do centro.