Volver

Magosto 2020 (unidades didácticas e manualidades)

Centro: CEIP Manuel Murguía, A Coruña; CEIP Salgado Torres, A Coruña; CEIP Ramón de la Sagra, A Coruña; CEIP Fernández Latorre, A Coruña; CEIP de Carnota, Carnota; CEIP Otero Pedrayo, A Laracha (A Coruña)
Curso: 2020-2021

O profesorado destes seis centros coruñeses comparte connosco unha ampla selección de recursos e materiais didácticos sobre o Magosto. Ademais das lecturas, dos xogos e dos exercicios de comprensión lectora para traballar dentro da aula cos nenos e as nenas de primaria, tamén atoparedes tarefas de colorear e recortar moi axeitadas para que os máis pequenos vaian coñecendo mellor esta tradición. O traballo inclúe debuxos e ilustracións feitos polo alumnado. Parabéns a todos polo traballo!