Volver

Magosto 2022

Centro: CEIP Emilia Pardo Bazán, CEIP Juan Fernández Latorre, CEIP Plurilingüe Manuel Murguía, CEIP Plurilingüe San Pedro de Visma, CEIP Ramón de la Sagra e CEIP Salgado Torres da Coruña; CEIP Juana de Vega e CEIP Luís Seoane de Oleiros; CEIP Plurilingüe Bragade de Oza-Cesuras, CEIP R. Otero Pedrayo da Laracha, CEIP Sofía Casanova de Culleredo (A Coruña)
Curso: 2021-2022

Como cada ano, o profesorado destes centros coruñeses agasállanos cunha nova edición de materiais e recursos sobre o Magosto. Na unidade didáctica deste curso atoparedes unha selección de lecturas, exercicios de comprensión lectora, recortables, encrucillados, crebacabezas e outras actividades moi útiles para que o alumnado de primaria coñeza mellor esta tradición.